lunes, 29 de mayo de 2017

CAMBIO NO AVITUALLAMENTO DE DONIÑOS

Moita xente nos dicía que a fonte de Fontá (Doniños - despois da comida) estaba moi perto do avituallamento da comida e logo ate Brión faciase moi longo.

Así que estamos valorando cambialo para o Confurco, na zona dos tuneles de Monteventoso ou por ahí

miércoles, 24 de mayo de 2017

REPASANDDO POLO CAMIÑO DO CURA E OS MUIÑOS DE ESMELLE

 Para aqueles que nos din que manchamos os camiños, como non repasemos todos os anos casi non quedan frechas.

Así que pasiño a pasiño, menos a zona do Coto da Lagoa , que agardamos para ver como evoluciona a parte queimada, xa levamos as 3/5 partes revisadas.

A maiores estes últimos tramos contamos coa axuda da "Brigada da Vila de Cedeira"

martes, 23 de mayo de 2017

O COLMO DO VERTEDEIRO ILEGAL

Atopar verquidos por toda a contorna, xa é algo sistémico, que hai persoal tremendamente incívico, tamén. Que non se faga labor de policía permanente. .. inentendible (e mai fácil atopar un radar detras dun edifico, que una patrulla no monte) 

Multas non se sabe se alguna vez se puxo algunha.

Pero o que xa é o colmo  que un cartel institucional de medioambente acabe formando parte dun vertedoiro
..A L U C I N A N T E!!!!.

lunes, 22 de mayo de 2017

REVISADO E MARCADO

Dende a Saida na Malata ate a Espiñeira, a partires de aquí atoparemos as novas pistas da parcelaria e despois entramos na zona queimada do coto da Lagoa.

jueves, 4 de mayo de 2017

XA IMOS....

Alo imos...empezamos dende xa a inscribir, pouco a pocuo iremos colgando a actualidade do camino e da organización

miércoles, 3 de mayo de 2017

INSCRICIONS XA

En breve, (4 ou 5 de maio) nos pasaran dende a imprenta o folleto e o cartel, e abrimos a inscrición. Por favor non agardedes o día anterior!