TENDENCIOSA UTILIZACION DA NOSA FOTO

xoves, maio 26, 2016

 
Increíble o do Diario de Ferrol, colleu unha foto do noso blog e da web, por suposto sen permiso algún, cousa que non tería importancia, se  fora para  ilustrar unha nova nosa. Pero sacouna do contexto, aproveitando a nosa foto para cargar contra o concello, algo que habitualmente está a facer, nunca liña editorial, nada obxectiva.

 Nos con esa foto non denunciamos nada (hai moitas cousas que denunciar e as denunciamos sexa do color que sexa o concello) , pero esa foto era para mostrar os avances da sinalización da Ruta Ártabra, algo do que por certo no falan neste diario.

 Realmente parece pouco profesional, e de moi mal gusto este tipo de utilización dun recurso visual propio

  • Comparte a entrada en

0 comentarios