jueves, 26 de mayo de 2016

TENDENCIOSA UTILIZACION DA NOSA FOTO

 
Increíble o do Diario de Ferrol, colleu unha foto do noso blog e da web, por suposto sen permiso algún, cousa que non tería importancia, se  fora para  ilustrar unha nova nosa. Pero sacouna do contexto, aproveitando a nosa foto para cargar contra o concello, algo que habitualmente está a facer, nunca liña editorial, nada obxectiva.

 Nos con esa foto non denunciamos nada (hai moitas cousas que denunciar e as denunciamos sexa do color que sexa o concello) , pero esa foto era para mostrar os avances da sinalización da Ruta Ártabra, algo do que por certo no falan neste diario.

 Realmente parece pouco profesional, e de moi mal gusto este tipo de utilización dun recurso visual propio

miércoles, 25 de mayo de 2016

AIRE DE "ESPADA LASSER"

Pois aí estamos, co a nosa "espada lasser" autónoma, dandolle caña a subida a Lagoa.
 
E de suponer que o concello nos limpe as da parcelaria de Cobas e do Confurco, así como a beira da estrada da lagoa de Doniños.
 
Dende a Malata ó coto da Lagoa, están revisadas as marcas, así como dende Outeiro a Malata.
 
Se a choiva nos deixa a seman que ven quedará completamente remarcado. Se meses tramos, os percorredes, e vedes que hai dubidas nalgun punto, comentadelo.

jueves, 19 de mayo de 2016

REMARCADO

 Temos moito do traxecto remarcado, e alguns cambios feitos.

O da imaxe é en Brión, pasaremos por diante do local social

Estamos a espera de que o Concello, limpe varios sitios incluso algún novo (camino vello da Espiñeira).

Estamos a un mes vista e o ritmo que levamos é bo, pese a que este tempo pouco axuda. O ritmo de inscrición xa está empezando a ir ben