martes, 8 de septiembre de 2015

UNS AMIGOS DE PORTO...

ENVIARONNOS UN CORREO DESPOIS DE FACER OS 50KMS DA COSTA ARTABRA
 
Olá boa noite.
Fiz ontem e hoje os 50kms da Costa Artabra e queria dar os parabéns pelo circuito e sinalização. Muito bom!! .....
 
Parabéns pelo excelente trabalho, que proporciona uma caminhada dura, mas com cenários magníficos!
 
Saludos
 
Asi pois decidimos que tiveran un recordo da ruta:
 
 
Así temos dous embaixadores da nosa rota no corazón de Portugal. E...agardamos telos connosco o ano que ven....
 
Moito obrigado compañeiros!

domingo, 14 de junio de 2015

RAID POR UNHA BANDA, MARCHA DE 50KMS POR OUTRA

E todos xuntos polo medio mixturados, non houbo grandes males, e todo saeu, mais ou menos ben.. e ninguen da organización, morreu de infarto...increible, aindo non o podo creer!!!!

E sobre todo: gracias mil ós participantes, que xunto cun tempo excelente para esto, fixo que a xornada fora completisima.

Eu, como "presi" desta pequena entidade deportiva, estou encantado: tanto dos participantes, como da cantidade e calidade de compañeiros e compañeiras que teño arredor, que son os que fan posible que onte, mentras empezabamos as probas cun alcalde e  rematabamos con outro....e todos tan contentos!!!!

E xunto con Protección Civil, a Policía Local, personal de Deportes (agardemos que pronto de novo patronato) Urbaser nos derradeiros días, as diferentes firmas comerciais , como DEGA, GADIS, Campo Capela, Franxa, fai que todo esto chegue a bo porto

Gracias a tod@s

Xan Ramírez
pte. Montaña Ferrol

Nota: as fotos da marcha en breve neste blog

miércoles, 10 de junio de 2015

TODO LISTO

...e a inscripción pechada, se non estás inscrito ainda, por favor non o fagas, porque non a podemos dar por recibida,
E por suposto facemos un rogo para que ninguen se presente na saida sen estar inscrito, porque non desexamos que veña ninguen que non esté baixo as coberturas da organización, o seu seguimento, seguro etc..

martes, 9 de junio de 2015

O MERCORES 10 PECHAMOS O PLAZO

Os federados xa podían facelo ate mañá, mercores 10, pero tamén ampliamos ós que non son federados.

domingo, 7 de junio de 2015

A PIQUES DE PECHAR A INSCRIPCION

Toda a ruta revisada, un punto negro, e ben negro avisado no concello.

As bebidas encargadas, o tempo....... parece que calor non imos pasar.

Pero casi mellor!!!

martes, 19 de mayo de 2015

ALTERNATIVAS SINALADAS

As alternativas xa están sinaladas, tanto a de Prior como a de Doniños, xa hai compañeiros que empezaron a facer algún tramo e as opinión son favorables...
 


lunes, 11 de mayo de 2015

HOXE QUEDOU MARCADO UN TRAMO NOVO

A subida a Monteventoso, este ano, non se vai a enterar ninguen...e increible, e mais por riba ten sombra!!!!

A partir da fonte dos Velos (a fonte do Quixote en Fontá)  polo camiño de Lamatemé

A ver si vos gosta!!

viernes, 1 de mayo de 2015

XA ESTAMOS COA TRAZA


Estamos a revisar toda a traza e a meter as zonas novas (Prior e Doniños), ainda que cambios pode haber ate 9 zonas diferentes.
Así que xa veremos si acertamos ou metemos a pata
O facemos para que ós camiñantes lles goste mais si é posible.

TRACK