miércoles, 18 de junio de 2014

DE TODO O QUE FOI CHEGANDO....

Hai cousas que si que son moi aproveitables.

Outras....., a ver moitos camiñantes teñen condicionada a sua opinión,  polo tempo que fixo. Os que estivechedes en Teixido no 2013, ¿vos acordades que choveu dende as 8 da maña ate as 8 da tarde e a temperatura media foi de 11 grados? Pois foi tamén no segundo sábado de xuño!!!.

Comentaban que si chegaramos a ir a Teixido co vento do Nordes, ó chegar a Capelada, a caída de 10º na Capelada estaba garantizada, así que agardemos que o ano que ven non teñamos una vaga da calor como a deste ano.

Hai cousas que son inevitables: Unha marcha pola costa nesta zona, non pode ter sombra

O último avituallamento ó mellor podese adiantar. O tramo das baterías no Pieiro que o firme e moi irregular, podemos mirar de darlle una altenativa.

A microtoponimia: agardamos que o concello tome nota da importancia da ruta para mellorar en todos os aspectos é un deles é a sinalización da camino e lugares.

Así como fontes. houbo compañeiros, alguns que suxeriron e outros que exixiron, auga fría, pois un mínimo de 5 fontes están no camiño mesmo, cousa que por exemplo Teixido non tiña.

Con esto ademáis, creemos que se perde a noción de en que se está a participar. Esto é una marcha, onde a organización INTENTA, facilitar que o camiñante o pase o mellor posible. Cando saímos o monte, nos ten opción da auga fría, é a que levas ti.

Tampouco hai ningunha razón fisioloxica, excepto que se agradece mais, porque o necesario é hidratarse, e iso non ten que ver coa temperatura.

Iso mezclado con actitudes, como "esto é una merda" e tirar os botellins o chan... pois non e que sexa

sábado, 14 de junio de 2014

GRAZAS

A TODOS OS QUE FIXECHEDES POSIBLE QUE HOXE FORA UN GRANDE DIA GRAZAS.

Chegamos o noso local hai un rato a descargar toda a menaxe, e a idea é global en toda a organizaciòn: pode volver a repetirse.

Apuntamos unhas canta cousas, e agardamos que nos envides as vosas suxerencias.

Aquelas (moi minoritarias)  que se dixeron en ruta, sin a mais mínima educación...simplemente non as consideraremos.

Da gusto traballar por e para todos os que despois de 50 kms chegades cun soriso.

Insistimos, se  o ano pasado estabades tolos para vir a Teixido co día que fixo, inaugurar esta nove expericia tamén estades tolos....uns marabillosos tolos!!!!

(https://twitter.com/cmferrol )

miércoles, 11 de junio de 2014

CASI TODO LISTO......

Parece ser que 25º pero vento algo forte do nordes, 

1800 botellins de bebida, 

13 caixas de fruta de GADIS a punto

270 bocatas de tortilla e alguns de xamon con queixo xa pedidos a ENPANES

Varias fontes no percorrido

Todo o terreo percorrido 3 veces.

O piñeiral dos montes de San Xurxo, mais remarcado, a suxerencia duns compañeiros que xa pasaron por ali

O entorno da Bailadora superlimpo de maleza, grazas  ó Concelleiro da zona rural.

Os mapas que daremos na saída rematados

A zona do Pieiro limpa grazas a Asociación de Veciños do lugar

A zona de saida e chegada revisada e duchas a punto (moito as botabades de menos en Teixido!!!)!!!

¿nos queda algo?...o Sabado veremolo!!!!! A ver si conquerimos polo menos o aprobado.

domingo, 8 de junio de 2014

PECHAMOS!!!! MAIS DE 250!!!!

PECHAMOS A INSCRICION, quedan alguns con problemas de papeleo, pero en xeral xa debe estar así a lista.

O que si .....¿ Estabades todos esperando ó último día? ¿Estabades mirando o tempo?
.... Xente de pouca fé, vai facer bo..esto non é San Andres que choveu dende a saída a chegada (a ver se non nos colle a soverbia).

A todos: grazas, de anteman, por arriscaros a vir connosco nesta nova aventura, dende xa vos pedimos perdón polos erros que imos cometer, é o que ten o comezo de algo, pero o que si, que todo parece indicar que haberá II edición, ..... Vos teredes a palabra!!

jueves, 5 de junio de 2014

INCREIBLE


O Concello, tal como se comprometera o Concelleiro José Polo, entrou a saco a limpar toda a zona. ¿pode ser que ó día seguinte volvera a haber uns enormes sacos de residuos de obra (descargados cunha grúa) un sofá  e residuos de una poda. ¿Pero que clase de concidadans, mais porcos que os porcos temos?


A pista case pechada pola maleza que baixa cara a rotonda da Bailadora....¡Apareceu! o tractor do concello deixouna empatenada!....antes casi non se pasaba!

LAZOS


En sitio onde vemos que pode haber problema por falta de base para sinal de pintura, colocamos uns lazos, amarelos e malvas, ¡Ollo! son de tea, non como moitos de plástico que se colgan por ahí!!!

martes, 3 de junio de 2014

PARECE SER QUE... NON CHEGABAMOS OS 50KMS

Un par e medicións, con gps distintos, mais os nosos compañeiros de raid nas bicis, parecía indicar que nos quedabamos curtos no deseño, que pasábamos dos 46, pero non chegabamos ós 50. Como recursos temos, e o que nos sobra precisamente é territorio e cousas bonitas que meter, se nos ocurreu, buscar esa distancia, incorporando parte da ruta dos Muiños de Esmelle.  (http://www.valledeesmelle.com/ )
 
Así ,sacamos toda a tirada de asfalto de Covas a Esmelle (1,3kms) , buscamos algo mais de sombra, dado que esa zona atravesase ó mediodía, e era dura, casí non metemos desnivel, e o tramo dos muiños...merece a pena.