lunes, 28 de abril de 2014

PORQUE ESTE INTINERARIO E NON OUTRO

Antes de nada gracias a todos os que estades indo xa a comprobar in situ a ruta, e todas as aportacións que nos facedes. Hai un tema recurrente, e que deberíanos encher de orgullo (e satisfación...) ¿como é posible que zonas de impresión do noso concello queden fora?.
¿Non é increible que fagamos unha ruta, bonita, de nada mais e nada menos que 50kms e ainda queden tramos fora que merecían a pena entrar? ¿Cantos concellos poden mostrar peito como Ferrol, por esa riqueza?
Cando fixemos o primeiro prantexamento sobre o mapa xa vimos que nos iban a sobrar kms a esgallo, e agora sobre o terreno imolo vendo.
Queremos o menor desnivel posible, (ainda así vai pasar de 1500mts positivos), non queremos pisar dunas, non queremos pisar asfalto, e pensamos que mais de 50kms xa non é humano para un día. Por iso Prior, Prioriño, Lobadiz, Cariño, San Felipe, cando menos nesta primeira edición van quedar fora, e non queremos facer mais do que podamos garantir. Pero este é un proxecto de futuro, e esperamos que eses puntos tan interesantes, dalgun xeito se incorporen ó itinerario. Pero pouco a pouco, este ano 50kms creemos que non dan mais de si.

miércoles, 23 de abril de 2014

2 NOVOS TRAMOS DE 10KMS

                                         POIS  XA ESTAMOS A 10KMS DE FINALIZAR, FIXEMOS DE SARTAÑA ATE SAN XURXO, E DESPOIS DENDE AHI ATE PIEIRO E MONTEVENTOSO, ASI QUE A ESTAS ALTURAS DEBEMOS  DE TER UNS 40KMS, ESO SI CON FLECOS VARIOS.
XA MOITA XENTE ESTIVO A FACER TRAMOS, ASI QUE SI VADES E VEDES QUE HAI COUSAS QUE SE PODEN MELLORAR, ESTAMOS A FACER UN LISTADO A COUSAS MELLORABLES, ENVIANOS UN CORREO


sábado, 19 de abril de 2014

NO PÌEIRO

Pois deben ir uns 35 kms!! quendannos flecos, e reforzar todo o itinerario en partes, así como meter todas as frechas de madeira.

Se vedes cousas mellorables, non tedes mais que decilo para revisalo.

O final, para non pasar nin polas dunas nin pola praia de Doniños, por cuestión de ideoloxia medioambiental, dimos a volta pola lagoa, sen dubida moi bonita, pero 1.30kms de asfalto.

A día de hoxe, levamos de asfalto:
A Malata - Costa de Chamorro, uns 3'5kms
Rotonda da Bailadora, so cruzala (400mts)
Paseo piatonal de Esmelle (2kms)
Volta a lagoa de Doniños 1.3kms
Contamos con ter uns 200 no Confurco
e outros 300 na Cabana.

Moito non é en 50kms non?

martes, 15 de abril de 2014

CAMBIO RADICAL

A medida que imos marcando, imos vendo como queda, e non será porque non teñamos camiñado estas sendas.

Outro día a baixada dende o coto da Lagoa, vimos que a pista que vai pegada ó rego, está moi rota polas augas, e despois había que atravesar a degradada zona de area de Ponzos.
Así que deicidimos baixar dende a lagoa, polo oeste, cara ó Picheiro, e despois pasar pola parcelaria, non é mais bonito pero si mais cómodo. vaia que o traballo feito outro día valeu para pouco.
pero xa que nos metemos a modificiacións, queremos que a marcha toque os sitios mais interesantes, pero que non perxudique ó camiñante. Así que a volta por Prior, e casi seguro que non se faga.

miércoles, 9 de abril de 2014

CONFURCO - PONZOS 6.5KMS


Onte (8/4/14), quedou a parte mais alta da marcha marcada, ainda que temos que reforzar a sinalización, a día de hoxe xa se pode facer dende A Malata ate Ponzos (14kms aprox), por ruta sinalizada. E de asfalto, no que levamos, temos o tramo inicial de Serantes, e a rotonda da Bailadora.

O que si, que a subida ó Coto da Lagoa, dende o lugar de Espiñeira, non lle ten moito que envidiar a Tarroiba (Marcha de Cedeira)


As paisaxes dende estas zonas xa empezan a ser espectaculares