lunes, 29 de diciembre de 2014

miércoles, 18 de junio de 2014

DE TODO O QUE FOI CHEGANDO....

Hai cousas que si que son moi aproveitables.

Outras....., a ver moitos camiñantes teñen condicionada a sua opinión,  polo tempo que fixo. Os que estivechedes en Teixido no 2013, ¿vos acordades que choveu dende as 8 da maña ate as 8 da tarde e a temperatura media foi de 11 grados? Pois foi tamén no segundo sábado de xuño!!!.

Comentaban que si chegaramos a ir a Teixido co vento do Nordes, ó chegar a Capelada, a caída de 10º na Capelada estaba garantizada, así que agardemos que o ano que ven non teñamos una vaga da calor como a deste ano.

Hai cousas que son inevitables: Unha marcha pola costa nesta zona, non pode ter sombra

O último avituallamento ó mellor podese adiantar. O tramo das baterías no Pieiro que o firme e moi irregular, podemos mirar de darlle una altenativa.

A microtoponimia: agardamos que o concello tome nota da importancia da ruta para mellorar en todos os aspectos é un deles é a sinalización da camino e lugares.

Así como fontes. houbo compañeiros, alguns que suxeriron e outros que exixiron, auga fría, pois un mínimo de 5 fontes están no camiño mesmo, cousa que por exemplo Teixido non tiña.

Con esto ademáis, creemos que se perde a noción de en que se está a participar. Esto é una marcha, onde a organización INTENTA, facilitar que o camiñante o pase o mellor posible. Cando saímos o monte, nos ten opción da auga fría, é a que levas ti.

Tampouco hai ningunha razón fisioloxica, excepto que se agradece mais, porque o necesario é hidratarse, e iso non ten que ver coa temperatura.

Iso mezclado con actitudes, como "esto é una merda" e tirar os botellins o chan... pois non e que sexa

sábado, 14 de junio de 2014

GRAZAS

A TODOS OS QUE FIXECHEDES POSIBLE QUE HOXE FORA UN GRANDE DIA GRAZAS.

Chegamos o noso local hai un rato a descargar toda a menaxe, e a idea é global en toda a organizaciòn: pode volver a repetirse.

Apuntamos unhas canta cousas, e agardamos que nos envides as vosas suxerencias.

Aquelas (moi minoritarias)  que se dixeron en ruta, sin a mais mínima educación...simplemente non as consideraremos.

Da gusto traballar por e para todos os que despois de 50 kms chegades cun soriso.

Insistimos, se  o ano pasado estabades tolos para vir a Teixido co día que fixo, inaugurar esta nove expericia tamén estades tolos....uns marabillosos tolos!!!!

(https://twitter.com/cmferrol )

miércoles, 11 de junio de 2014

CASI TODO LISTO......

Parece ser que 25º pero vento algo forte do nordes, 

1800 botellins de bebida, 

13 caixas de fruta de GADIS a punto

270 bocatas de tortilla e alguns de xamon con queixo xa pedidos a ENPANES

Varias fontes no percorrido

Todo o terreo percorrido 3 veces.

O piñeiral dos montes de San Xurxo, mais remarcado, a suxerencia duns compañeiros que xa pasaron por ali

O entorno da Bailadora superlimpo de maleza, grazas  ó Concelleiro da zona rural.

Os mapas que daremos na saída rematados

A zona do Pieiro limpa grazas a Asociación de Veciños do lugar

A zona de saida e chegada revisada e duchas a punto (moito as botabades de menos en Teixido!!!)!!!

¿nos queda algo?...o Sabado veremolo!!!!! A ver si conquerimos polo menos o aprobado.

domingo, 8 de junio de 2014

PECHAMOS!!!! MAIS DE 250!!!!

PECHAMOS A INSCRICION, quedan alguns con problemas de papeleo, pero en xeral xa debe estar así a lista.

O que si .....¿ Estabades todos esperando ó último día? ¿Estabades mirando o tempo?
.... Xente de pouca fé, vai facer bo..esto non é San Andres que choveu dende a saída a chegada (a ver se non nos colle a soverbia).

A todos: grazas, de anteman, por arriscaros a vir connosco nesta nova aventura, dende xa vos pedimos perdón polos erros que imos cometer, é o que ten o comezo de algo, pero o que si, que todo parece indicar que haberá II edición, ..... Vos teredes a palabra!!

jueves, 5 de junio de 2014

INCREIBLE


O Concello, tal como se comprometera o Concelleiro José Polo, entrou a saco a limpar toda a zona. ¿pode ser que ó día seguinte volvera a haber uns enormes sacos de residuos de obra (descargados cunha grúa) un sofá  e residuos de una poda. ¿Pero que clase de concidadans, mais porcos que os porcos temos?


A pista case pechada pola maleza que baixa cara a rotonda da Bailadora....¡Apareceu! o tractor do concello deixouna empatenada!....antes casi non se pasaba!

LAZOS


En sitio onde vemos que pode haber problema por falta de base para sinal de pintura, colocamos uns lazos, amarelos e malvas, ¡Ollo! son de tea, non como moitos de plástico que se colgan por ahí!!!

martes, 3 de junio de 2014

PARECE SER QUE... NON CHEGABAMOS OS 50KMS

Un par e medicións, con gps distintos, mais os nosos compañeiros de raid nas bicis, parecía indicar que nos quedabamos curtos no deseño, que pasábamos dos 46, pero non chegabamos ós 50. Como recursos temos, e o que nos sobra precisamente é territorio e cousas bonitas que meter, se nos ocurreu, buscar esa distancia, incorporando parte da ruta dos Muiños de Esmelle.  (http://www.valledeesmelle.com/ )
 
Así ,sacamos toda a tirada de asfalto de Covas a Esmelle (1,3kms) , buscamos algo mais de sombra, dado que esa zona atravesase ó mediodía, e era dura, casí non metemos desnivel, e o tramo dos muiños...merece a pena.

miércoles, 28 de mayo de 2014

CHEGAMOS OS 100 INSCRITOS

A cousa vai ben...xa hai 100 inscritos para "inaugurar" a mellor ruta do noroeste.

Seguimos dando pasos na melloría da traza. In sito no piñerial de San Xurxo, estivemos co presidente dos Mancomuneiros, e nos deu todo tipo de facilidades, así que a entrada na praia de Doniños, a treveso dos piñeiros de San Xurxo, vai a ser espectacular.

Adema en aqueles sitio onde nos era complicado marcar, colgamos uns laciños (de teas para que sexa biodegradabel), amarelos e malvas...non hai xeito de perderse.!!!!

domingo, 25 de mayo de 2014

XA CASI LISTO O FOLLETO

Pouco a pouco imos cubrindo etapas, o camiño está todo marcado, hai tramos que ademais  están remarcados, cousa que imos facer con todo o camiño. XA Estamos falando coas Asociacións de Veciños, e estamos dandolle as últimas pinceladas ó folleto

viernes, 16 de mayo de 2014

O CONCELLO APOIANDO


Xa non hai perda, o primeiro sinal, en FIMO. Intensa actividade estes días.
O Martes, vistaronse varios puntos co Concelleiro de Zona Rural, J.Polo, para ver pasar o tractor por varios sitios.
O mercores, xunto coas Concelleiras de deportes Susana Martinez, e de turismo Maica Garcia Fraga, presentouse a prensa o traxecto e a marcha.
O Venres, foi unha reunión coa Policia Local e Protección Civil, que van a dar cobertura de seguridade a marcha...e todo isto a un mes vista

lunes, 28 de abril de 2014

PORQUE ESTE INTINERARIO E NON OUTRO

Antes de nada gracias a todos os que estades indo xa a comprobar in situ a ruta, e todas as aportacións que nos facedes. Hai un tema recurrente, e que deberíanos encher de orgullo (e satisfación...) ¿como é posible que zonas de impresión do noso concello queden fora?.
¿Non é increible que fagamos unha ruta, bonita, de nada mais e nada menos que 50kms e ainda queden tramos fora que merecían a pena entrar? ¿Cantos concellos poden mostrar peito como Ferrol, por esa riqueza?
Cando fixemos o primeiro prantexamento sobre o mapa xa vimos que nos iban a sobrar kms a esgallo, e agora sobre o terreno imolo vendo.
Queremos o menor desnivel posible, (ainda así vai pasar de 1500mts positivos), non queremos pisar dunas, non queremos pisar asfalto, e pensamos que mais de 50kms xa non é humano para un día. Por iso Prior, Prioriño, Lobadiz, Cariño, San Felipe, cando menos nesta primeira edición van quedar fora, e non queremos facer mais do que podamos garantir. Pero este é un proxecto de futuro, e esperamos que eses puntos tan interesantes, dalgun xeito se incorporen ó itinerario. Pero pouco a pouco, este ano 50kms creemos que non dan mais de si.

miércoles, 23 de abril de 2014

2 NOVOS TRAMOS DE 10KMS

                                         POIS  XA ESTAMOS A 10KMS DE FINALIZAR, FIXEMOS DE SARTAÑA ATE SAN XURXO, E DESPOIS DENDE AHI ATE PIEIRO E MONTEVENTOSO, ASI QUE A ESTAS ALTURAS DEBEMOS  DE TER UNS 40KMS, ESO SI CON FLECOS VARIOS.
XA MOITA XENTE ESTIVO A FACER TRAMOS, ASI QUE SI VADES E VEDES QUE HAI COUSAS QUE SE PODEN MELLORAR, ESTAMOS A FACER UN LISTADO A COUSAS MELLORABLES, ENVIANOS UN CORREO


sábado, 19 de abril de 2014

NO PÌEIRO

Pois deben ir uns 35 kms!! quendannos flecos, e reforzar todo o itinerario en partes, así como meter todas as frechas de madeira.

Se vedes cousas mellorables, non tedes mais que decilo para revisalo.

O final, para non pasar nin polas dunas nin pola praia de Doniños, por cuestión de ideoloxia medioambiental, dimos a volta pola lagoa, sen dubida moi bonita, pero 1.30kms de asfalto.

A día de hoxe, levamos de asfalto:
A Malata - Costa de Chamorro, uns 3'5kms
Rotonda da Bailadora, so cruzala (400mts)
Paseo piatonal de Esmelle (2kms)
Volta a lagoa de Doniños 1.3kms
Contamos con ter uns 200 no Confurco
e outros 300 na Cabana.

Moito non é en 50kms non?

martes, 15 de abril de 2014

CAMBIO RADICAL

A medida que imos marcando, imos vendo como queda, e non será porque non teñamos camiñado estas sendas.

Outro día a baixada dende o coto da Lagoa, vimos que a pista que vai pegada ó rego, está moi rota polas augas, e despois había que atravesar a degradada zona de area de Ponzos.
Así que deicidimos baixar dende a lagoa, polo oeste, cara ó Picheiro, e despois pasar pola parcelaria, non é mais bonito pero si mais cómodo. vaia que o traballo feito outro día valeu para pouco.
pero xa que nos metemos a modificiacións, queremos que a marcha toque os sitios mais interesantes, pero que non perxudique ó camiñante. Así que a volta por Prior, e casi seguro que non se faga.

miércoles, 9 de abril de 2014

CONFURCO - PONZOS 6.5KMS


Onte (8/4/14), quedou a parte mais alta da marcha marcada, ainda que temos que reforzar a sinalización, a día de hoxe xa se pode facer dende A Malata ate Ponzos (14kms aprox), por ruta sinalizada. E de asfalto, no que levamos, temos o tramo inicial de Serantes, e a rotonda da Bailadora.

O que si, que a subida ó Coto da Lagoa, dende o lugar de Espiñeira, non lle ten moito que envidiar a Tarroiba (Marcha de Cedeira)


As paisaxes dende estas zonas xa empezan a ser espectaculares

lunes, 24 de marzo de 2014

POR FIN RETOMAMOS

MARCADO ATE O CONFRUCO DE MANDIA, XA VAN 7'5 KMS, PERO AINDA QUEDAN 42.5, A VER SI O TEMPO NOS DEIXA

viernes, 24 de enero de 2014

APOIO DO CONCELLO DE FERROL

A Concelleira de Turismo de Ferrol, que dende o principo acolleu a idea estupendamente, comprometeuse con colaboración economica para a marcaxe e mais a edición dun mapa da ruta. Pouco a pocuo un novo proxecto vaise consolidando.

LOGO



Semella que imos utilizar esta modificación.