miércoles, 11 de diciembre de 2013

XA EMPEZAMOS A MARCAR

         Escollimos duas coores, das que sempre atopamos polos nosos montes, o amarelo e mais o morado. Así xa empezamos na Malata, pasamos pola feira do Dous, Igrexa de Serantes, e subida a Chamorro. Isto imolo inaugurar o primeiro de xaneiro.

Despois por enriba da canteira do Murallón ate sair na Bailadora onde quedamos,...por agora

viernes, 8 de noviembre de 2013

REUNION EN PADRON: 14 de xuño 2014

Onte quedou configurado  o calendario do 2014 do Campionato Galego de Grandes Marchas. Nunha xuntanza convocada pola Federación Galega de Montañismo, en Padrón, con representantes de Fontiñas (Compostela), Pontevedra, Salceda de Caselas, Boqueixón, Padrón-Rois e nos.
Así que para manter a tradición o 14 de xuño (segundo sábado) será a I Marcha da Costa Artabra de Ferrol

jueves, 17 de octubre de 2013

POLA MALATA.... XA IMOS VARIAR O 1 DE XANEIRO

Cando imos o 1 de xaneiro, saímos de FIMO, e por detras das pisata imos cara a Igrexa visigótica de Serantes, pero como se fai moi estrerito para a saida, ista ano xa imos cambear e xa queda.....pola Feira do Dous.

SUBIDA A CHAMORRO

Pensamos en variar a subida a Chamorro, polo camiño de Mañón, pasando polo río de lavar, pero había que dar algunha volta e mais asfalto.

Así que quedará a tradicional costa de Chamorro...empezamos ben!!!!

XA ENVIAMOS A IDEA

A todas as asociacións de veciños, e Esmelle e Pierio, xa nos fixeron aportacións. Temoslle pedida entrevista ó Alcalde para explicarlle un proxecto que ten que beneficiar o entorno natural e rural do concello.

lunes, 23 de septiembre de 2013

IDEAS

Como esto é un traballo a medio - longo plazo, estamos a recabar todas as ideas posibles. Xa lle enviamos información a todas as Asociacións de veciños (por certo ainda non contestou ningunha) Pero pouco a pouco Se ti tes algunha idea, non dubides en enviala a secretariacmf@gmail.com

jueves, 29 de agosto de 2013

EMPEZAMOS NOVA AVENTURA

A ver ....pechamos os 15 anos de Marcha a Teixido, quedamos como queimados dabondo, pero claro....nun club de montaña, nos va a marcha!!!! Así que porque non uns 50kms en Ferrol, case sen pisar asfalto, desfrutando da impresionates costa, algo durilla, pero o alcance de todos??? Pois neso estamos...ollo que nun primeiro calculo se nos vai o tema a 65 kms...¡Hai que recortar!!! A diferenza é que a San Andrés había que ir por donde había que ir, e aqui imos ir por onde queiramos, así que : ideas?????