jueves, 4 de mayo de 2017

XA IMOS....

Alo imos...empezamos dende xa a inscribir, pouco a pocuo iremos colgando a actualidade do camino e da organización

miércoles, 3 de mayo de 2017

INSCRICIONS XA

En breve, (4 ou 5 de maio) nos pasaran dende a imprenta o folleto e o cartel, e abrimos a inscrición. Por favor non agardedes o día anterior!

viernes, 21 de abril de 2017

POIS SEGUIMOLA CAGANDO (con perdón)

Cando os montes non se limpan (e diso sabemos moito), 
Cando non se controlan os madereiros que deixan os monte scomo autenticos polvorins e reventan os camiños, 
Cando se manda ó paro o persoal das brigadas, 
Cando os parques de bombeiros comarcais  teñen 3 bombeiros por tanda 
¿Que esperamos cando entra forte vento " de arriba" e por riba leva chovido o pouco que leva chovido?

Pois si despois da marcha do ano pasado, ensinabamos as fotos de como quedara a subida ó coto da Lagoa. Aí van as do 21/04/2017..todo un éxito de xestión de terreo agrícola -forestal










miércoles, 24 de agosto de 2016

POLITICA FORESTAL



O mellor a política  forestal que se está a levar, non é a correcta.

Cando os montes non están limpos. Cando as pistas e caminos están pechadas, cando os madereiros deixan todo arrumbado polo chan formando auténticos polvorins sen control algún...e que algo non funciona

A SUBIDA A LAGOA, QUEDOU....... ALGO QUEIMADA

E menos mal que o camino antigo da Espiñeira, que nos abreu o concello esta ano, fixo algo de atallalumes
 

















domingo, 12 de junio de 2016

GRAZAS, GRAZAS GRAZAS....

.... por disfrutar connosco o impresionante dia de onte, atras quedan todos os días de remarcar a ruta, atras queda os traballos do concello para limpar varios tramos, atras quedan as ida e vidas a imprenta, atras quedan unha chea de traballo, moi recompensado no día de onte, por todos os comentarios que fumos recibindo a chegada

Onte 32 compañeir@s, puxemos toda a nosa ilusión en que disfrutardes da nosa zona, da nosa Costa Artabra, e creemos que (ademais o tempo axudou..) o conseguimos.

Dos 206 inscritos, sairon 196, e que sepamos 18 "caeron" no intento

Movimos cerca 1000kgs de material: casi 1000 augas, 600 bebidas isotónicas, 300 bocatas, 7 caixas de platanos e 7 de laranxas (colaboración de IFA- GADIS como sempre dende que empezamos a de San Andres de Teixido), non sei cantas bolsas de barritas e pasteliños, varias bolsas de tapóns solidarios recuperadas.



Ainda nos queda devolver todo o seu sitio, os bocatas que sobraron e a froita, a Cociña Economica de Ferrol, para que non se perda nada, e o resto.... para os 40kms de CEDEIRA, que xa están ahi!!!!!

Grazas a todos, a agardamos as vosas suxerencias, para poder mellorar un poquiño mais.

(en breve..centos de fotos)

viernes, 10 de junio de 2016

ÚLTIMO REPASO A RUTA

 A maleza está desbordada, é increible como medrou, e por riba ainda hai moita auga no solo.
As pistas  que quedamos co Concello xa están limpas, e xa apuntamos as que haberá que limpar o ano que ven.
A sinalización reforzamola cuns plásticos amarelos e morados, que sacaremos a medida que vaia pasando o grupo de peche noso, así como unas estaquitas de madeiras en sitios, posiblemente conflictivos.

E or riba...bo tempo para camiñar (en principio)

martes, 7 de junio de 2016

O MERCORES A LISTA DE INSCRITOS

 E diredes..e tanto tempo??. 

A ver: Imos ter que facer coma noutras entidades que a última seman suben o precio. 
O que tede que entender que organizativamente e moi complicado que se inscriba tanta xente nun mes, como no último día, e dicir imos a estar nos 200 participantes. 
E iso implica multiplicar por moito, moitos temas (bebidas, bocatas, diplomas)  a 3 días vista.

O concello entrou a limpar varios camiños, un camiño antiguo que estaba "perdido" o de Espiñeira, a verdade que o percorrido vai a estar en boas condicions, e suficentemente marcado para que ninguen se perda, ainda que se fai o tempo de hoxe pola tarde nas praias de Covas, non nos estranaria que mais de un se perdera nos areais de Santa Comba o Ponzos..pero aposta!.

Vemonos o sabado

lunes, 6 de junio de 2016

CADA VEZ MAIS CERCA

Temos o tractor do concello traballando na zona.
O pecorrido está remarcado na sua totalidade, con uns cantos cambios, pequenos, pero interesantes alguns e imprescindibles outros.
A lista de inscritos (como vos gusta esperar ó último día), esperamos publicala hoxe na totalidade.
Os bocatas están solicitados
A AVV de San Xurxo (donde se come) está avisada para ver se pode abrir o ambigú
O tempo non o dan nin malo nin bo (o debeu adiantar Peman)...xa se verá.
Así que a falta de pequenos detalles, está todos listo para o sábado pasar una boa xornada.
Eso si se alguen queda de gañas de cousas mais potentes o sábado que ven: O Bezoucos Raid tamén organizado por nos!!!